5/25/2015

97 formas de decir "te quiero", de J. Sierra i Fabra

Este libro comeza un pouco apurado. O protagonista, despois de tanto axetreo na cidade, vaise a un parque e séntase nun banco, onde ten unha visita un pouco... rara. A súa visitante é Daniela que ven compartir o banco con el. Esta rapaza cóntalle unha historia na que os dous están conectados no mais alá. Todo ocorre moi rápido e a vida do rapaz cambia por descansar un día desa axetreada vida da cidade. As dúas historias están conectadas polo amor que transmiten ambas. É un libro xenial que me encantou, aínda que o final non me acaba de convencer, pero sí recomendo a súa lectura porque me pareceron unhas historias de amor preciosas. Se che gustan as historias románticas, recoméndocho! Por Lucía, 3º ESO

No hay comentarios:

Publicar un comentario