5/10/2015

Brumas de octubre, de Lola Gándara

Este libro cóntanos  a historia dun rapaz de 14 anos que entra novo no instituto. O primeiro día ía moi nervioso porque non coñecía a ninguén.Cando chegou á porta  encontrouse cun rapaz ao que chamaban "El Rojo" porque era rubio. Con el fixo moi boas migas dende o principio e fixéronse moi amigos.
"El Rojo" era moi popular no instituto xa que repetira curso e montaba moitas liortas. Miguel, con "El Rojo" e o resto da pandilla, foron superando as adversidades do curso,os problemas cos seus pais,os problemas amorosos ...E todo iso, grazas a amizade .
Este libro gustoume moito porque ademáis de ser moi entretido, recórdache que unha boa amizade é para sempre.
Por Gara, 3º ESO

No hay comentarios:

Publicar un comentario