3/29/2015

Durmido sobre os espellos, de J. Sierra i Fabra

Esta historia trata sobre un rapaz chamado Diego que ten 19 anos. A historia conta que o pai de Diego foi criado só pola súa nai, xa que o seu pai morreu antes do seu nacemento.
Nesta historia tamén morre un tío de Diego chamado Benxamín e nese mesmo día a avoa de Diego pídelle ir a súa casa polos papeis do funeral e cando vai mirar no armario cae unha caixa con moitas cartas do seu avó (o pai do pai de Diego).
O protagonista descobre que no está morto, como todos pensan, senón que está vivo e que vive en Cuba e por iso Diego decide ir ata alí en busca do seu avó.
Nesta historia hai moitas cousas extrañas, pero ao final un encontro inesperado e un amor verdadeiro pechan a historia dunha forma maravillosa.
Encantoume este libro!!!, recomendo ler este libro a calquera mozo da miña idade.

Por Carlos, 3º ESO