5/18/2015

La ciudad de las bestias, de I. Allende

Este libro conta a historia dun neno de 14 anos que pasa por problemas familiares e que é enviado a Nueva York xunto a súa avoa chamada Kate Cold. Ela ten preparada unha viaxe ao Amazonas, así que non queda outra que irse os dous para alí.
Nese destino coñecerán as tradicións dun mundo misterioso, aos codiciosos buscadores de ouro, algúns chamáns e as orixes desa terra perdida. Traballarán xunto a un exótico equipo de exploración composto por un famoso investigador, unha doutora, un home nacido alí xunto a sua filla Nadia, e máis o axudante do investigador. Por desgracia, atoparanse cun codicioso empresario que quere cerrar un gran negocio, aínda que teña que facer calquera cousa para conseguir o seu propósito.
Por Thor, 3º ESO

No hay comentarios:

Publicar un comentario