5/25/2015

El diario azul de Carlota, de G. Lienas

Neste libro, a protagonista Carlota fálanos sobre a violencia de xénero e a violencia no ámbito escolar. Coa axuda da súa nai, do seu pai e do de seu irmán Marcos vai encontrando noticias sobre violencia. Tamén a súa tía Octavia pásalle información para que poida ir escribindo no seu diario. Carlota, a través dun blog, coñece un rapaz, que sofre violencia escolar e ela intenta axúdalo dándolle consellos. Carlota ten unha amiga que se chama Mireya, que empeza a saír cun rapaz que se chama César. Ao principio todo ía ben, pero despois dun tempo, Mireya deixa de andar con Carlota e co resto das amigas. Todo o tempo estaba con César. O que lle pasaba a Mireya con César era que el a maltrataba psicolóxicamente, pero ela no se daba conta a pesar de que Carlota a avisara. Un día nunha festa Mireya estaba bailando cun rapaz da súa clase, entón César empezou a pegarlle ao rapaz e cando os separaron, el insultouna e pegoulle un empuxón. Foi cando Mireya se deu conta e o deixou. A raíz de aí César empezou a acosar a Mireya, pero grazas a Carlota e ao resto das amigas estivo protexida. Ata que un día no instituto César atacou a Mireya e apareceu Carlota,chamou aos profesores e poidéronno reducir, e así expulsaron a César e MIreya poido refacer a súa vida.
 Por Gara, 3º ESO

No hay comentarios:

Publicar un comentario