3/23/2017

A neve interminable, de A. Fdes Paz

É un libro que non podes deixar de ler. O final é un pouco esperado debido a que van revelando datos ao longo da historia pero aínda así ten algo que che engancha.
 Ao principio os amigos vense obrigados a ir ao hostal para crear e pensar unha serie, pero o que non saben é que os sucesos que lles pasasen alí vanlles a quitar o soño e as ideas sobre a produción. Cada día que pasa van coñecendo aspectos raros do pobo no que se hospedan debido á prolongación da visita por unha forte nevada. O que non se esperan é que ao final a xente máis peculiar é a que estivo con eles convivindo e os que falaban con eles. 
Pareceume un libro que engancha e que nunca pensei que me gustaría e recomendaríallo a moita xente. 
Por Yanira, 4º ESO

No hay comentarios:

Publicar un comentario