4/02/2016

O cabaleiro inexistente, de Italo Calvino

É a terceira parte dunha colección de relatos medievais composta por outros dous libros: O Vizconde demediado O Barón rampante .  Esta novela está narrada nunha terceira persoa omnisciente por unha muller que se encontra nun convento, a identidade de ésta é un segredo ata os compases finais do libro onde se revela dando un curioso final a esta composición.
Esta novela narra as aventuras e desventuras destes tres personaxes- Axifulfo, Rambaldo, Bradamante- ao largo e ancho de Europa onde vivirán incribles aventuras. 
Como conclusión e remitindo a miña experiencia como lector desta obra non a recomendaría como unha lectura para facer en calquera momento.Se queres ou pretendes que esta obra che guste debes atopar un momento onde teñas a mente aberta e te encontres realmente motivado debido a que esta novela non se presta a unha lectura fácil e cómoda,mais ben todo o contrario,a lectura é complicada e complexa debido ao modo de narrar as situacións al cales poden chegar a ser extenuantes. 
Por Yoel, 1º Bac

No hay comentarios:

Publicar un comentario