É un libro que non podes deixar de ler. O final é un pouco esperado
debido a que van revelando datos ao longo da historia pero aínda así ten algo
que che engancha.
Ao principio os amigos vense obrigados a ir ao hostal para crear e
pensar unha serie, pero o que non saben é que os sucesos que lles pasasen alí vanlles a quitar o soño e as ideas sobre a produción. Cada día que pasa van
coñecendo aspectos raros do pobo no que se hospedan debido á
prolongación da visita por unha forte nevada. O que non se esperan é que ao final
a xente máis peculiar é a que estivo con eles convivindo e os que
falaban con eles.
Pareceume un libro que engancha e que nunca pensei que me gustaría e recomendaríallo a moita xente.
Por Yanira, 4º ESO
Ningún comentario:
Publicar un comentario