Este libro cóntanos a historia dun rapaz de 14 anos que entra novo
no instituto. O primeiro día ía moi nervioso porque non coñecía a
ninguén.Cando chegou á porta encontrouse cun rapaz ao que
chamaban "El Rojo" porque era rubio. Con el fixo moi boas migas dende o
principio e fixéronse moi amigos.
"El Rojo" era moi popular no instituto
xa que repetira curso e montaba moitas liortas. Miguel, con "El Rojo" e o
resto da pandilla, foron superando as adversidades do curso,os
problemas cos seus pais,os problemas amorosos ...E todo iso, grazas a
amizade .
Este libro gustoume moito porque ademáis de ser moi entretido, recórdache que unha boa amizade é para sempre.
Por Gara, 3º ESO
Ningún comentario:
Publicar un comentario