Este libro conta a historia dun neno paquistaní que traballa dende moi cativo nunha fábrica de alfombras. O neno de tan pouca idade, rebélase contra o sistema e a explotación infantil, creando así unha luz de esperanza para nenos co mesmo problema que él. O libro en sí é moi bo, pero a historia é moi profunda e faiche pensar na sorte que temos algúns, que a pouco que teñamos, xa temos máis que outros.
gústoume sobre todo a historia, pero o formato do libro é moi bo e nunca vin un igual: moitos falan da historia e da súa visión.
Ás veces pódeste líar un pouco ao lelo, pero ao final rematas enganchándote a él, o único que me "defraudou" foi o final, pero sabendo como vai o mundo, era de esperar.
Desexo que vos guste e recomendo lelo.
Por Lucía, 3 ESO
Para saber máis:
Por Lucía, 3 ESO
Para saber máis:
Ningún comentario:
Publicar un comentario