5/25/2015
97 formas de decir "te quiero", de J. Sierra i Fabra
El ciclista, de Tim Krabbé
O protagonista desta historia é o ciclista Tim Krabbé que se aventura a correr o Tour de Mont Aigoul .Vai contando por etapas o que lle vai sucedendo e as amizades que fai cos demais ciclistas e os momentos máis duros. Nunha das etapas máis duras marcharon na fuga él ,Kleber e Lebusque: foron acompasando ao ritmo da carreira e cambiando o desenrolo para poder subir mellor os portos de montaña. Ao final ,a poucos quilómetros da meta , flaqueándolle as forzas, e non podedes imaxinar o que vai acontecer. Despois de deixar a súa carreira profesional, aventúrase no periodismo.
Por Roberto, 3º ESO
El diario azul de Carlota, de G. Lienas
Neste libro, a protagonista Carlota fálanos sobre a violencia de xénero e a violencia no ámbito escolar.
Coa axuda da súa nai, do seu pai e do de seu irmán Marcos vai encontrando noticias sobre violencia. Tamén a súa tía Octavia pásalle información para que poida ir escribindo no seu diario.
Carlota, a través dun blog, coñece un rapaz, que sofre violencia escolar e ela intenta axúdalo dándolle consellos.
Carlota ten unha amiga que se chama Mireya, que empeza a saír cun rapaz que se chama César. Ao principio todo ía ben, pero despois dun tempo, Mireya deixa de andar con Carlota e co resto das amigas. Todo o tempo estaba con César. O que lle pasaba a Mireya con César era que el a maltrataba psicolóxicamente, pero ela no se daba conta a pesar de que Carlota a avisara. Un día nunha festa Mireya estaba bailando cun rapaz da súa clase, entón César empezou a pegarlle ao rapaz e cando os separaron, el insultouna e pegoulle un empuxón. Foi cando Mireya se deu conta e o deixou. A raíz de aí César empezou a acosar a Mireya, pero grazas a Carlota e ao resto das amigas estivo protexida. Ata que un día no instituto César atacou a Mireya e apareceu Carlota,chamou aos profesores e poidéronno reducir, e así expulsaron a César e MIreya poido refacer a súa vida.
Por Gara, 3º ESO
5/18/2015
El oro de los dioses, de J. Sierra i Fabra
Marc es un chico de tan solo 17 años que se entrena seriamente como corredor profesional.Él quiere llegar a las Olimpiadas,como había hecho su padre veinticinco años antes.
Marc no sólo quiere llegar, si no que quiere ganar la medalla que no pudo ganar su padre.
Pero y¿si resultase que la carrera en la que corrió su padre en 1972 no fuera una carrera limpia?¿y, si el vencedor de la prueba estuviera dopado?
Todo esto sale ahora a la luz y el daño que provoca esto en Marc, hace que no sólo quiera proclamarse vencedor si no que por la ira que guarda,quiera recuperar la medalla injustamente arrebatada a su padre.
Este libro me gustó mucho,así que os lo recomiendo.
Por Gara, 3º ESO
As aventuras de Said e Sheila, de Ramón Caride
Neste libro cóntanse as historias de dous irmáns da época futura que viven unhas sorprendentes e arriscadas aventuras .
Saben que o futuro non é algo inevitable, senón algo por construír, e así o demostran en cada unha das súas viaxes do futuro ao pasado, e desprázanse no seu tranportador, é dicir, no seu coche do futuro por todo o planeta.
Viven nunha aldeiña galega conectados ao mundo a través do seu ordenador.
Os dous irmáns e máis os seus amigos, van a enfrontarse en estas aventuras a aqueles que queren dominar o planeta .
Este libro gustoume moito , recoméndovolo!!!!!
Por Carlos Aitor, 3º ESO
Viven nunha aldeiña galega conectados ao mundo a través do seu ordenador.
Os dous irmáns e máis os seus amigos, van a enfrontarse en estas aventuras a aqueles que queren dominar o planeta .
Este libro gustoume moito , recoméndovolo!!!!!
Por Carlos Aitor, 3º ESO
La ciudad de las bestias, de I. Allende
Este libro conta a historia dun neno de 14 anos que pasa por problemas familiares e que é enviado a Nueva York xunto a súa avoa chamada Kate Cold. Ela ten preparada unha viaxe ao Amazonas, así que non queda outra que irse os dous para alí.
Nese destino coñecerán as tradicións dun mundo misterioso, aos codiciosos buscadores de ouro, algúns chamáns e as orixes desa terra perdida.
Traballarán xunto a un exótico equipo de exploración composto por un famoso investigador, unha doutora, un home nacido alí xunto a sua filla Nadia, e máis o axudante do investigador. Por desgracia, atoparanse cun codicioso empresario que quere cerrar un gran negocio, aínda que teña que facer calquera cousa para conseguir o seu propósito.
Por Thor, 3º ESO
5/10/2015
Luna nueva, de St. Meyer
Ao cabo duns días ,Edward e Bella quedan no bosque e alí el confésalle a Bella que non pode seguir coa relación.
Ela atópase destrozada, non lle encontra sentido á vida. Durante varios meses estivo deprimida. Un día, cando Bella ía conducindo o seu automóbil, observou unhas motos vellas nunha casa abandonada e pensou que sería boa idea aprender a conducilas. Necesitaba amañar as motos e recurriu a Jacob Black.
O libro ten un final moi curioso que non vos podo contar.
Por Roberto, 3º ESO
Memorias de un amigo imaginario, de M . Dicks
Aínda que pareza sorprendente non existe, é dicir, está só na cabeza de Max e só el pode velo e falar con él. Os dous levánse como irmáns m edraron xuntos, aprenderon as mesmas cousas ,e sempre vai un ao lado do outro .
Max coñece a unha nova compañeira e parecen levarse ben, pero no último momento , Budo dase conta de que a súa nova amiga tamén ten un amigo imaxinario .
A partir deste momento comeza unha nova historia .
Jose Luis , 3º ESO
Iqbal Masih lágrimas, sonrisas y coraje
Este libro conta a historia dun neno paquistaní que traballa dende moi cativo nunha fábrica de alfombras. O neno de tan pouca idade, rebélase contra o sistema e a explotación infantil, creando así unha luz de esperanza para nenos co mesmo problema que él. O libro en sí é moi bo, pero a historia é moi profunda e faiche pensar na sorte que temos algúns, que a pouco que teñamos, xa temos máis que outros.
gústoume sobre todo a historia, pero o formato do libro é moi bo e nunca vin un igual: moitos falan da historia e da súa visión.
Ás veces pódeste líar un pouco ao lelo, pero ao final rematas enganchándote a él, o único que me "defraudou" foi o final, pero sabendo como vai o mundo, era de esperar.
Desexo que vos guste e recomendo lelo.
Por Lucía, 3 ESO
Para saber máis:
Por Lucía, 3 ESO
Para saber máis:
Hyde, de David Lozano
O obxectivoé a incitación á lectura, pero o que en realidade provoca é a agresividade entre os estudantes e a caza entre eles. Aínda que eles no o saben, todos poden ser transformarse no asasino, e mentres, un profesor psicópata disfruta do xogo.
Por Thor, 3º ESO
Nunca olvides las letras de mi nombre, de C. Murciano
Eu
recoméndoche que o leas porque para min foi un dos mellores libros que
lin, porque trata varios temas: amor, desamor, comedia, drama...
As historias que recolle este libro son moi bonitas.
Vólvovolo a repetir ¡¡¡¡¡¡ Recoméndovolo!!!!!
Por Carlos Aitor, 3º ESO
Brumas de octubre, de Lola Gándara
Este libro cóntanos a historia dun rapaz de 14 anos que entra novo
no instituto. O primeiro día ía moi nervioso porque non coñecía a
ninguén.Cando chegou á porta encontrouse cun rapaz ao que
chamaban "El Rojo" porque era rubio. Con el fixo moi boas migas dende o
principio e fixéronse moi amigos.
"El Rojo" era moi popular no instituto
xa que repetira curso e montaba moitas liortas. Miguel, con "El Rojo" e o
resto da pandilla, foron superando as adversidades do curso,os
problemas cos seus pais,os problemas amorosos ...E todo iso, grazas a
amizade .
Este libro gustoume moito porque ademáis de ser moi entretido, recórdache que unha boa amizade é para sempre.
Por Gara, 3º ESO
5/06/2015
El diario azul de Carlota, de G. Lienas
Este libro trata de ensinarnos os síntomas sobre a violencia de xénero, que é o que non se debe permitir nunca nunha relación e cóntanolo en forma de novela, cun personaxe que está sufrindo esa violencia, outro protagonista que está a exercela, e os personaxes secundarios que intentan axudar á vítima.
A min resultoume un libro moi fácil de entender, cunhas instrucións bastante aceptables e moi entretido.
Por Sara, 3º ESO
Por Sara, 3º ESO
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)