12/11/2018

A illa do tesouro, de R. L. Stevenson

A nosa historia comeza coa chegada dun home que se fai chamar "Capitán" á Taberna do Almirante Benbow . Alí atópase un curioso e espabilado neno, Jim Hawkings, que traballa na taberna para axudar aos seus país.
 Dende a chegada do Capitán, pasa os días escoitando perigosas e emocionantes historias de piratas, mentres se mantén alerta á chegada de visitantes dos que o advertiu. Efecticamente, despois de que o Capitán reciba una mancha gris nun papel, aparece un cego ameazanter, en busca do tesouro que este ten escondido.
 No tempo que transcurre antes de que o cego volva, o capitán morre, e Jim e a súa mai deciden coller do cofre o que lles debía o Capitán. Tras ser perseguidos polo cego e os seus homes, acaban na casa do rico señor Trelawny, onde Jim amosa o mapa do tesouro do Capitán. Así, el, máis o señor Trelawny e o doutor Livesly embarcaranse nunha aventura das que Jim sempre oira falar,
 Poucos meses máis tarde, preparábanse para comezar a viaxe á illa do tesouro a bordo da Hispaniola, xunto con una tripulación escollida por Trelawny. Pero esta tripulación, pese a non ser idílica, non era tampouco especialmente leal, pois o amable e querido cociñeiro de a bordo, Jack o Longo, organizou un motín para conseguir o tesouro. Quizais foi o destino o que quixo que Jim se encontrara escondido na sala durante a reunión dos tripulantes, pois grazas a eso foi capaz de avisar aos seus amigos para tomar medidas.
 Unha vez na illa, tras un enfrontamento, Jim foxe dos seus amigso para tomar a Hispaniola e evitar que o outro bando a puidera usar.No camino, coñece a Ben Gunn, un mariñeiro abandoado pola súa tripulación, que se unirá a eles. Cando Jim volve ao escondite non se encontra a outro máis que Jack e os seus homes. A pesar de que estes queren matalo, Jack protexeo ante eles, como resultado do cariño que sentirá polo pequeño no barco. Deciden ir buscar o tesouro, pero atópano vacío, e o outro bando pillaos por sorpresa, superando en número aos poucos que quedan. Resulta que o tesouro fora escondido por Ben Gunn no seu tempo na illa, quen os axudou a transportalo ao barco a cambio de acompañalos. Durante a viaxe, Jack foxe con parte do tesouro para evitar a horca, pero non sen deixarlle una carta ao seu querido Jim. 
 Así é como remata a novela que marcará un antes e un despois nas historias de piratas. E que, ademáis, será tomada como referente polos xóvenes das seguintes xeracións como o mundo da piratería tan coñecido a día de hoxe.

Por Alba, 1º BAC

No hay comentarios:

Publicar un comentario