2/14/2019

Na cerna da selva, de Pere Tobaruela

É un libro sobre  África(Ruanda). Amósanos una realidade ben diferente á que estamos acostumados. Pero todo ten un principio, e a nosa historia comeza con Xiao. É un rapaz de dezaseis anos que decide participar nun concurso sobre alguna especie en perigo de extinción. Para a súa sorpresa, a través do certame gaña una estancia en África xunto á famosa investigadora Diane Fossey. 
Aínda que se trata dunha historia e un marco ficticios, ela é un personaxe real, unha investigadora que adicou a súa vida a loitar para protexer aos gorilas. E é grazas ao seu labor esta especie perviviu e non está xa enperigo de extinción a día de hoxe. Sin embargo, antes de chegar a coñecer á admirada investigadora, Xiao terá que sortear pequenos obstáculos como convencer aos seus país e una travesía chea de inconvenientes. Unha vez no campamento, e tras ver un mundo tan diferente ao que está acostumado, comezará a súa verdadeira aventura. Verá de cerca os enfrontamentos co goberno, os indíxenas e os cazadores furtivos ao intentar protexer aos gorilas.
 Este odio será a base do brutal asesinato de Diane Fossey a mans dos cazadores, que obrigará a Xiao a introducirse na cerna da selva para fuxir, unicamente acompañado por dous pigmeos, membros dunha das máis antigas e discriminadas tribos africanas. Lamentablemente, será atrapado igualmente. A pesar de sentirse abandonado por un dos pigmeos, este volverá máis tarde para salvalo. Pero protexelo dos cazadores costarálle a súa vida, prezo que estaba disposto a pagar pola amizade. Xusto cara a cara coa morte, Xiao é salvado pola embaixada, que o manda de volta a casa cunha experiencia que xamais olvidará. 
 Por Alba, 1º BAC

Ningún comentario:

Publicar un comentario