7/12/2017

O único que queda é o amor, de A. Fernández Paz

Ao principio cando escollín este libro non me din de  conta de que xa vira un vídeoreseña no que se recomendaba, pero ao empezar a lelo acordeime dela e debo porme de acordo con que é un bo libro.
Nel cóntanse varias historias diferentes entre si e nas que o seu tema común é o amor. O máis sorprendente é como o conta desde tantos puntos de vista diferentes e que, a pesar de non estar ambientado nesta época,  é entendible e pódese conectar de forma fácil con cada un dos personaxes. A orixinalidade é unha das principais características (a quen se lle ocorrería explicar o amor desde a pel dun can).
Toda esta orixinalidade e o tema do amor (que sempre me gustou) fusionados coa paixón do idioma galego fan deste libro de relatos unha experiencia que che pode chegar a marcar.
 Realmente recomendo lelo na lingua materna do autor para terminar de saborear todos os matices que lle pon.
Por Valentyna, 4º ESO

Ningún comentario:

Publicar un comentario