2/06/2015

A modelo descalza, de J. Sierra i Fabra

A modelo descalza de Jordi Sierra i Fabra é unha novela policíaca negra ambientada na zona de Barcelona e publicada pola editorial Galaxia en Febrero de 2010.
    Nesta novela podemos destacar como tema fundamental o amor entre Jon Boix, reporteiro de Zonas Interiores e Alexandra Galvani unha famosa top model, dous mozos de vinte e cinco e vinte e dous anos respectivamente.
    Tras unha noite de troula entre Alexandra e outro modelo Christian Van Peebles deciden pasala noite nun hotel da cidade. Ao día seguinte o corpo de Christian xace morto e todo apunta a Alexandra como a principal sospeitosa, sospeitas que van a máis polo cal os medios de comunicación sacan a luz os problemas que tiña a rapaza co alcohol e as drogas.
 
    Para o meu parecer, Jon é o personaxe máis salientable de toda a novela, polo seu afán de investigación e a amizade que demostra nalgunhos momentos do relato.
Por Daniel V., 1º BAC
  Jon, antigo noivo de Alexandra tras unha viaxe de África enterase do ocorrido e ten por suposto que vaina axudar pese a non estar xuntos dende hai tres anos. Tras unhos días investigando, Jon dase conta que tralo seu atropelo, ao acompañante de Alexandra cando esta está en Barcelona sempre lle ocorre algo malo, conxunto de sospeitas que dan lugar como culpable ao abogado de Alexandra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario