6/25/2021

Corredores de sombras, de A. Fernández Paz

 


Este libro vira ao redor da aparición dun cadáver no Pazo dos Soutelo. Clara será a encargada de desvelar o misterio que esconde este morto na casa dos seus avós. A historia é atractiva debido a que trata de moitos aspectos como o amor, o misterio e as diferenzas entre as clases sociais, desde puntos de vista distintos en épocas diferentes. Unha relación entre Clara e Miguel, un mozo da aldea, é a parte amorosa máis importante da historia. A este aspecto pódeselle incluír as diferenzas económicas entre ambos. Clara provén dunha familia con terras e propiedades, mentres que o pasado de Miguel é máis humilde. O misterio pono a aparición dun esqueleto que podería ser un antigo noivo da avoa da protagonista. 

Na miña opinión, quedan asuntos sen revolver totalmente. Isto convídame como lector a discorrer os motivos polos que Clara e Miguel separáronse e volveron xuntarse de novo. Os saltos temporais son habituais e nótanse sobre todo ao final do libro.

Por Juan, 1º ESO

No hay comentarios:

Publicar un comentario