12/02/2015

A Odisea contada aos nenos, Por Rosa Navarro

Esta adaptación,como é evidente polo seu titulo, relata os sucesos archifamosos  acaecidos na Odisea,adaptándoos a un público menos adulto, valente e versado  en literatura, dos que leerían normalmente a composición orixinal.Rosa navarro utiliza unha linguaxe  simple sen complexidades formales. Eliminando case todos os recursos propios da poesía (excepto os epítetos si abundantes nesta obra) que  contén a opera prima de Homero, para facilitar enormemente a lectura. No texto predominan a frases cortas e simples con abundancia de verbos de movemento. 

As ilustracións do texto corren da man de Francesc Rovira. Estas presentan un marcado carácter minimalista e un trazo caricaturesco, debuxando sen seguir unha proporción real esaxerando os rasgos característicos de cada un dos personaxes, cosa que nalgúns momentos é difícil que non consiga provocar ao lector algunhas gargalladas.
Con respecto ao argumento é difícil comentar dado que narra un dos mitos gregos máis coñecidos do mundo. Todos os resúmenes que poda facer, son innecesarios debido a que case todos os lectores desta reseña xa o coñeceran e en caso contrario disfrutaran enormemente dunha historia. Unha viaxe de volta ao fogar, onde o valeroso e inxenioso Ulises deberá superar numerosas probas  e derrotar a monstruos terribles e xigantescos saidos dos peores pesadelos, só coa sua intelixencia  e astucia,atravesando unha infinidade de illas e fantasiosos lugares para por fin regresar co seu fillo Telémaco e a súa amada Penélope. 
Por Yoel, 1º Bac


Ningún comentario:

Publicar un comentario